Saturday 04 de May de 2024

Novo éxito do segundo pase da obra ‘Urxencias’ representada polo Club de Maiores de Boqueixón na Casa da Cultura de Camporrapado


Máis de 200 persoas acudiron á posta en escea que se incluirá no próximo Ciclo de Outono de Teatro organizado polo Concello

O segundo pase da obra Urxencias representada polo Club de Maiores de Boqueixón rexistrou un novo cheo total. Máis de 200 persoas –que recolleron previamente a súa invitación na Casa do Concello- encheron onte o salón de actos para asistiren á nova posta en escena desta peza cómica na que participaron un total de 25 actores e actrices afeccionados. A maior deles é unha veciña de 92 anos.

Dende o Club de Maiores de Boqueixón amósanse moi satisfeitos pola inmellorable acollida que tivo esta obra. Esta peza incluirase no programa do próximo Ciclo de Outono de Teatro organizado polo Concello boqueixonés.

Urxencias é unha obra que, a través da parodia, recrea as situacións que se viven nunha sala de urxencias dun hospital moi peculiar. O texto está baseado en parte na obra de Suso de Toro Servizo de Urxencias. A coordinación técnica desta peza correu a cargo de Arelar.